FRAN PÉREZ "NARF"


Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e máis de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.


Traxectoria



Mudouse da súa vila natal a Santiago de Compostela sendo aínda moi novo. Foi membro do grupo Os Quinindiolas, xunto a Xelís de Toro, Pepe Sendón e Marcos Teira, entre outros. Foi membro tamén do efémero grupo Nicho Varullo, xunto a Pepe Sendón e Carlos Santiago. Formou parte da compañía de teatro Chévere e foi un dos fundadores da sala Nasa, que naceu vinculada a devandita compañía no ano 1992, canda el estaban Xesús Ron, Miguel de Lira, Pepe Sendón, Blanca Cendán, John Eastham e Carlos Santiago. Compoñía cancións para a Banda da Nasa e participou nalgunhas montaxes teatrais como actor para a compañía teatral Chévere, como Máquina total (1994), Annus Horribilis (1994) etc. e en infinidade de números da Ultranoite. Abandonou o proxecto no ano 1998.

Segundo Narf declarou: –"co diñeiro de Xelís fundamos en 1990 a discográfica Spectra, pero aquilo foi unha ruína". Cos fondos procedentes dun premio literario concedido en Lugo no ano 1990 á novela de Xelís de Toro Non hai misericordia puideron pagar os debuts de Nicho Varullo e Os Quinindiolas e máis a edición da banda sonora de Río Bravo (1990) da compañía Chévere. En 1998 conformou a banda Psicofónica de Conxo da que Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros seus en traballos anteriores, formaban parte.

Tras un longo percorrido no mundo da música, Fran Pérez creou no ano 2004 o concepto artístico de Narf: "nova identidade para un músico inquedo que investiga o ritmo e a harmonía" e gustáballe definirse como cancionista. Emprendeu algúns traballos en solitario, contando tres álbums, e colaborou asemade con outros artistas. Con Jabier Muguruza e Miquel Gil puxo en escena Mundo Café (2005), un espectáculo que unía música e literatura, proxecto que finalmente quedou plasmado nun disco. Coa banda mozambicana Timbila Muzimba emprendeu o proxecto cultural Bumba (2006), confluencia dos sons tradicionais do pobo chopi coa música de Narf, cooperación que perdurarou máis de dez anos e que concluíu con Da Zigala a Zemambiquo (2016), segunda parte do proxecto Bumba. Coñeceu a Manecas Costa incidentalmente nun camerino durante o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré en Pontevedra ao que acudiron como convidados e acordaron colaborar xuntos a partir de entón, froito daquel encontro naceu o álbum Aló Irmao! (2010), conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas. Con Quico Cadaval presentou Obrigado!, un espectáculo no que cofluían as actuacións musicais e os relatos. E da colaboración con Uxía naceu o disco Baladas da Galiza imaxinaria (2015).

No festival Liet-Lavlut, dedicado a fomentar o uso das linguas minorizadas europeas, celebrado no ano 2006 en Östersund (Suecia) acadou o segundo posto co tema Santiago, incluído no seu álbum Tótem (2007). En decembro do ano 2008 levou a música do seu segundo álbum en solitario Tótem a Delhi e Katmandú na compaña de Juan Ramos, con quen coincidira previamente no grupo Os Quinindiolas. Actuou no Festival Câmbio Sonoro en Recife acompañado por Marcos Teira e Pepe Sendón no 2008. Participou con Manecas Costa e Timbila Muzimba no Festival d'Agosto de Maputo, onde estivo en varias edicións. Asistiu no 2009 ao IX Mercado Cultural para amosar Aló Irmao! con Manecas Costa, actuaron en Jequié, São Paulo e Salvador de Baía, estiveron en Porto Alegre e tamén en Buenos Aires, no 2010 actuaron de novo xuntos no City of London Festival. Estreou o espectáculo Atlántic@s xunto aos artistas galegos Uxía, Rosa Cedrón e Budiño no Mar del Plata, dentro do MICSUR, no mes de maio de 2014. Presentou a súa música en múltiples festivais arredor do mundo, como no Antídoto en São Paulo, no festival de Mindelo, noutros ámbitos como o BAFIM en Buenos Aires e tamén levou a súa música aos escenarios de Cuba, Niterói, Río de Janeiro, Guinea-Bisau, Varsovia, Brighton, Barcelona, Sevilla, Cracovia ou Newcastle.

Compuxo máis de trinta bandas sonoras para producións teatrais de diferentes compañías de Galiza e Portugal, como a ópera experimental Resaca (1996), con libreto de Pepe Sendón, na súa etapa como membro fundador da sala Nasa, A boa persoa de Sezuán (2008) e Salomé (2010) para o Centro Dramático Galego ou a Queima do Judas para Trigo Limpo teatro ACERT, que se celebra tódolos anos en Tondela o Sábado Santo, espectáculo do que foi responsable musical entre os anos 2000 e 2015. Formou parte do elenco de actores na obra de teatro A ópera dos tres reás (2011), interpretando os papeis de Dedotorto e trobeiro cego, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego. No eido audiovisual participou como compositor das cancións no relato infantil multimedia O labirinto dos soños, con texto e dirección de Pepe Sendón, na serie de televisión baseada no relato anterior O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos e no documental Galicia une entre outros traballos.

miniatura|280px|Narf e Uxía no MICSUR, Mar del Plata, no ano 2014, presentando Atlántic@s.


Morte



Entre os meses de marzo e abril de 2016 estivo 40 días nos Estados Unidos de América durante a xira de presentación do seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria, feito en colaboración con Uxía. No mes de setembro de 2016 suspendeu por recomendación médica un concerto da antedita xira previsto en Ribeira por mor do seu delicado estado de saúde. Outros concertos programados en Bilbao, Barcelona, Madrid ou Manresa foron aprazados. Malia todo, os seus últimos concertos celebráronse no Teatro Principal de Santiago xunto aos africanos Timbila Muzimba para amosar ao público o proxecto Bumba II: Da Zigala a Zemambiquo, o 22 de outubro no marco do Womex e o día 23 o derradeiro. Faleceu a causa dun cancro o 15 de novembro de 2016 aos 48 anos de idade. O XIII Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra o 14 de xaneiro de 2017 rendeulle tributo ao intérprete. Unha estatua de bronce foi inaugurada en Boiro o 10 de xuño de 2017 durante unha homenaxe feita no seu honor.


Discografía



:Todos eles baixo a produción de Antonio Vázquez (Asisí producións)

Con Os Quinindiolas
  • Os Quinindiolas (1991, editado en 2009 por A Regueifa).
  • Con Nicho Varullo
  • Nicho Varullo (Spectra, 1991).
  • Con Psicofónica de Conxo
    • Psicópolis (Fortes & Rangel, 2001).
    • Extramundi (Madame Mir, 2002).
    Con Jabier Muguruza e Miquel Gil
  • Mundo café (Gintonic, 2005).
  • Con Manecas Costa
  • Aló irmao! (Cartafol/Falcatruada, 2010) (Dvd - Directo).
  • Con Uxía
  • Baladas da Galiza imaxinaria (Damadriña, 2015).
  • Como Narf en solitario
    • Directo en Compostela (Changüi, 2004) (Directo).
    • Tótem (Falcatruada, 2007).
    • Nas tardes escuras (El Patito Editorial, 2013).

    No audiovisual


    Como compositor de bandas sonoras
    • O Labirinto dos Soños, relato infantil multimedia (Grandola Nova, 2002).
    • O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos, serie de televisión (Grandola Nova, 2004).
    • Galicia Une, documental (Nordesía Producións, 2006).
    • Móvete, videoclip da Xunta de Galicia (Atlantis, 2007).

    Outros traballos

    • A obra sinfónica Canción das árbores danzantes, encarga da Xunta de Galicia para a toma de posesión do presidente Touriño (2005).
    • O tema Noite de estrelas incluído no álbum tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007).
    • A banda sonora da páxina web Golfiño, cómic (El Patito Editorial, 2007).
    • A banda sonora da páxina web Universo Galimatías, cómic (El Patito Editorial, 2009).
    miniatura|260px|Estatua de Narf na Pousada das Ánimas.


    Premios



    Como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos
    • Premio da Crítica ao mellor musical do 1996, en Barcelona, pola ópera cómica Annus horribilis (con libreto de Pepe Sendón).
    • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1997, por Finis Mundi Circus (Mofa e Befa). Compartido con Piti Sanz.
    • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1998, por Órbita mutante (Chévere). Coa Banda da Sala Nasa.
    • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2003, por Río Bravo'02 (Chévere).
    • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2004, por Sidecar (Belmondo).
    • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2010, por O segredo dos Hoffmann (Lagarta Lagarta).
    Como músico
    • Segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, Festival Liet Lavlut de Suecia, co tema Santiago no ano 2006, publicada dentro do seu disco Tótem.
    • Número 1 no Top ten da RDP-África durante tres semanas de agosto de 2010 co disco Aló irmao!.|
    • Na primeira edición dos Premios Martín Códax da Música, convocados no ano 2013 pola asociación Músicos Ao Vivo, foi o vencedor na categoría de rock, blues, funk & soul.
    • Premio Ari[t]mar da Amizade Galego-Lusófona, no ano 2017.
     El contenido de este artículo ha sido extraído de la Wikipedia en gallego bajo licencia Creative Commons.

     










     
    PUBLICIDAD
    PUBLICIDAD

     

    LO + EN CANCIONEROS.COM

     

    HOY DESTACAMOS
    Nuevo cancionero y discografía

    el 22/05/2018

    Presentamos el quinto de nuestros cancioneros y discografías anunciados en el marco de nuestro vigésimo aniversario. María Dolores Pradera siempre ha reivindicado —incluso cuando no estaba de moda— la obra de los grandes autores populares hispanoamericanos, desde José Alfredo Jiménez a Chabuca Granda, pasando por Atahualpa Yupanqui o Carlos Cano. Hoy la reivindicamos a ella.

    HOY EN PORTADA
    6 Festival Jardins de Pedralbes Barcelona 2018

    por Carles Gracia Escarp el 14/06/2018

    Mariza renovó su idilio con Barcelona en un concierto en el Festival Jardins de Pedralbes en el que presentó su nuevo disco de título homónimo Mariza, una obra que refleja bien el equilibrio artístico y personal de la cantante portuguesa en el presente, un espejo de calma hecho canción.

     



    © 2018 CANCIONEROS.COM, CANDIAUTOR 2010 SL

    Notas legales

    Qué es cancioneros
    Aviso legal
    • Política de privacidad

    Servicios

    Contacto
    Cómo colaborar
    Criterios
    Estadísticas
    Publicidad

    Síguenos

       

     

    Acceso profesional