JEI NOGUEROL


Fecha de nacimiento:
01 de junio de 1950

Sumario
Trovapedia
Artículos relacionados con
Jei Noguerol
Escúchalo en Apple Music
José Antonio González Noguerol, nado en Covas (Viveiro) o 1 de xuño de 1950, é un músico galego, máis coñecido como Jei Noguerol. Reside en Barcelona onde exerce a docencia no ensino medio.


Traxectoria



É licenciado en filoloxía hispánica e en filoloxía galaico-portuguesa. Ten ademais estudos de dereito, guitarra e solfexo. Afincouse en Barcelona desde moi novo onde é profesor numerario de Ensinanza Secundaria de lingua e literatura castelá.

A súa carreira musical comezouna en 1971 coa publicación dun sinxelo con dúas cancións: Denantes dos vinte anos e ¿Queres ser mar do meu río?. Os dous seguintes traballos son tamén senllos sinxelos: Nunha Tarde... Un Pensamento / Compañeiro (1972) e Señor Ministro, Por Favor / Cabaleiros (1974). En 1976 editou o seu primeiro LP, un álbum de 10 cancións: 8 inéditas e dúas xa coñecidas, a que dá título ao disco e Señor Ministro, Por Favor.

O seu segundo LP apareceu en 1978 co título Cantigas da Fradería. A discográfica Ruada elixiu a súa canción Cabaleiros para o álbum colectivo 7 Anos De Canción Galega, publicado en 1979.

Logo dunha pausa de cinco anos, en 1984 editou o seu terceiro LP, Polo Atlántico Norte. En agosto de 1985 participou en dous importantes eventos: o día 4 actúa no IV Festival de Pardiñas, organizado en Pardiñas (Guitiriz) pola Asociación Cultural Xermolos; e o día 31 é un dos artistas que homenaxean a José Afonso no parque de Castrelos de Vigo. Deste concerto saíu posteriormente no ano 2000 unha escolma dos temas que soaron nel, entre os que se encontra Érase unha vez, cantado por Jei Noguerol.

A partir de 1985 decrece a súa actividade musical. Tan só publica en 1989 un sinxelo (Marea baixa de azuis / A miña voz) e un LP en 1997 (Lúa Nova).


Outros traballos e recoñecementos



Traduciu ao castelán Follas novas de Rosalía de Castro, fundou o grupo Evasión e musicou dúas obras de Valle-Inclán.

Entre os galardóns recibidos destacan o premio á mellor letra no primeiro Festival da Canción Misioneira de Santiago de Compostela, o primeiro premio do XIV Festival de panxoliñas novas de Pamplona, o premio do Padroado Rosalía de Castro (1980) e o premio da Festa do Marisco do Grove (1983).
 El contenido de este artículo ha sido extraído total o parcialmente de la Wikipedia en gallego bajo licencia Creative Commons.

 










 
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

 

LO + EN CANCIONEROS.COM

 

HOY DESTACAMOS
Fernando González Lucini

por Xavier Pintanel el 06/07/2020

"Federico García Lorca ha sido –y sigue siendo–, sin duda, el poeta más musicalizado y cantado de la Literatura Universal". Así de contundente se muestra el pedagogo y estudioso de la canción de autor Fernando González Lucini quien viene desarrollando desde hace años el proyecto Universo musical en la obra poética de Federico García Lorca, un trabajo donde recopila toda la poesía musicalizada y cantada —incluyendo la discografía— del poeta granadino.

HOY EN PORTADA
Hacia la «nueva normalidad»

por Carles Gracia Escarp el 12/07/2020

Vuelve a la vida la música en vivo con la condición de unos aforos reducidos y medidas extraordinarias, quién sabe hasta cuándo... pero de momento es todo cuanto tenemos, un respiro de incierto recorrido para aquellos que viven de la cultura, de la música. Disfrutamos con el directo de Marina Rossell.

 



© 2020 CANCIONEROS.COM

Notas legales

Qué es cancioneros
Aviso legal
• Política de privacidad

Servicios

Contacto
Cómo colaborar
Criterios
Estadísticas
Publicidad

Síguenos

   

cancioneros.com/letras
Acceso profesional