Probe Galicia


Probe Galicia no debes
Chamarte nunca española,
Que España de ti se olvida,
Cando eres, ¡ai! Tan hermosa.

Cal si na infamia naceras,
Torpe de ti se avergonza,
I a nai que un fillo despreza
Nai sin corazón se noma.

Nadie porque te levantes
Che alarga a man bondadosa,
Nadie os teus prantos enxuga,
Y homilde choras e choras.

Galicia, ti non tes patria,
Ti vives no mundo soia,
I a prole fecunda tua,
Se espalla en errantes hordas.

Mentras triste e solitaria
Tendida na verde alfombra
Ó mar esperanzas pides,
De Dios a esperanza imploras.

Por eso anque en son de festa
Alegre a gaitiña se oia.
Eu podo decirche:
Non canta, que chora.


Autor(es): Rosalía de Castro, Julia León