2000 años máis


Vendedores de miserias
Eruditos sen mentor
Tiradores sen visor
Apuntando convencidos
Á fronte do pensador

Portadores de condenas
Da fatiga habitual
Dunha pena capital
Da loubanza da perfidia
Que protexe ao criminal

Restauramos columnas
Que terman das pests
De infernos terrestres
De gritos sen voz

Xeracións inertes
Desandan o andado
Parindo o herdado
A fin de poder perdurar
2000 anos máis

Corpos cegos de soberbia
Costas podres de sor
Normalización da dor
Corruptores das estrelas
Ídolos da persuasión

Embalando a dignidade
Sen columna vertebral
Ensalzando ao Xeneral
Impedindo a pervivencia
De todo resto moral

Restauramos columnas
Que terman das pests
De infernos terrestres
De gritos sen voz

Xeracións inertes
Desandan o andado
Parindo o herdado
A fin de poder perdurar

Restauramos columnas
Que terman das pests
De infernos terrestres
De gritos sen voz

Xeracións inertes
Desandan o andado
Parindo o herdado
A fin de poder perdurar
2000 anos máis
2000 anos máis
2000 anos máis


Autor(es): Maria Xose Silvar Fernández