Se cadra


Se cadra non falei,
Se cadra estaba triste,
Se cadra é que mentín
Ou ti te confundiches.

Non asina quen son
Todo o que aseguraba,
Voltei a non saber,
Outra vez non sei nada.

E cando pola fiestra os meus ollos miran
E no medio do monte se ven perdidos,
Canto polos que choran as despedidas
E choro polos que viven arrepentidos.

E agora que aprendín que todo se paga,
Que non comulga coa inocencia esta vida,
Choro polos que viven arrepentidos
E canto polos que choran as despedidas

Esquecín se a razón
Fixo acto de presenza,
Máis hoxe hai un porqué
Onde houbo indiferenza.

Medo de non saber
Como dicer verdades,
Como chegar a ser
Un pasado agradábel


Autor(es): Maria Xose Silvar Fernández