Utopías


Cando o cambio non pode esperar
unha pequena faísca te prenderá.
Únete a as forzas insurxentes.

Non despreces a revolta
por un futuro incerto que nunca existiu.
Únete, utopías emerxentes.

Seremos voces de esperanza,
seremos mares de ilusión,
seremos fontes de insurrección.

Durmir para soñar
e saber que ó esperar
as utopías poden ser realidade.

Fugarémonos de prisión,
fuxiremos co seu plan,
intentaremos dunha vez a liberdade.

Se queres decrecer no consumo e na dor
e non precisas ni rabaño nin pastor.
Únete a as forzas insurxentes.

Dende o teu mundo ó mundo
salta pola fiestra e berra a túa canción.
Únete, utopías emerxentes.

Seremos voces de esperanza,
seremos mares de ilusión,
seremos fontes de insurrección.

Durmir para soñar
e saber que ó esperar
as utopías poden ser realidade.

Fugarémonos da prisión,
fuxiremos co seu plan,
intentaremos dunha vez a liberdade.