Baile de pandeiras
Indo pola fonte abaixo
fiando na miña roca
veu un páxaro do trigo
picou-me na mazaroca.
Berducido, berducido
terriña dos meus amores
mira quen che está rondando
flor do meu corazón-he.
Onde van aquelas
que van de bermello?
son as de granada,
van para san pedro.
van para san pedro.
van para san pedro.
onde van aquelas
que van de bermello?
Onde van aquelas,
vestidas de branco?
son as de chantada
que van polo campo,
que van polo campo,
que van polo campo,
onde van aquelas
vestidas de branco.
Writer/s: Popular galega