Meu meniño
Pero, o mellor, atópase coa mai nun ceo
que el nunca imaxinou e quítanse as cariñas
das súas almas de nenos,
mentres el, o seu meniño,
cántalle a canción
que lle cantabamos sempre os tres irmaus.
Hoxe pensa que lla cantará il soliño,
pero non sabe que nos, a modiño,
farémoslle, desde aquí, un dúo de cegos.
"Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha,
que me quentou a cariña
co caorciño da súa.
Co caorciño da súa
o corpiño me quentaba,
e deitábame no berce
e a biquiños me arrulaba"
Writer/s: Popular galega