Con Tambores de Mar


Letra de de | Musixmatch
Esta nena pequeniña con mirar de feiticeira
Esta nena pequeniña con mirar de feiticeira
Ten os ollos e a cariña, ai, da miña compañeira
Ten os ollos e a cariña, ai, da miña compañeira

Ten a cara moreniña coma o trigo e o centeo
Ten a cara moreniña coma o trigo e o centeo
Os dediños de serea e acibeche no cabelo
Os dediños de serea e acibeche no cabelo

Para que Sariña durma, o papá vaina arrolar-e
Para que Sariña durma, o papá vaina arrolar-e
Vaille aprender mil cantigas
E a mamá vaillas cantar-e
Vaille aprender mil cantigas
E a mamá vaillas cantar-e

Ailalalalala, ailalalala

Cando Sara baila libre, todo o ar baila con ela
Cando Sara baila libre, todo o ar baila con ela
Dálle o recendo das rosas e a dozura da canela
Dálle o recendo das rosas e a dozura da canela

Dálle tamén a frescura do candor e da verdade
Dálle tamén a frescura do candor e da verdade
A vida do manancial
Máis a riqueza da humildade
A vida do manancial
Máis a riqueza da humildade

O calor do amor sincero
E a claridade do viso
O calor do amor sincero
E a claridade do viso.

Dálle melodía e canto e a ledicia do seu riso
Dálle melodía e canto e a ledicia do seu rir

E agora que chegaches, ai, Sariña
Fixemos unha peza pequeniña
Con ledicia de río e paz de serra,
Con tambores de mar e voz de terra.

E traemos unha fervenza de flores
E un arco de chuvia de mil cores
E un cantil que te asome ao infinito
E un océano de apertas e de bicos

E agora que chegaches, ai, Sariña
Fixemos unha peza pequeniña
Con ledicia de río e paz de serra,
Con tambores de mar e voz de terra.

E traemos unha fervenza de flores
E un arco de chuvia de mil cores
E un cantil que te asome ao infinito
E un océano de apertas e de bicos

Con tambores de mar e voz de terra.
Con tambores de mar e voz de terra.

E traemos unha fervenza de flores
E un arco de chuvia de mil cores
E un cantil que te asome ao infinito
E un océano de apertas e de bicos

Ailalalala, ailalalala...


Writer/s: Maria Xose Silvar Fernández