A Chamuscada


A chamuscada foi como me alcumaron
Porque a pólvora queimou as miñas mans,
Toda a revolta vivín entre disparos,
As súas pegadas xamais se borraran.

Non houbo home ou soldado ao que quixera,
Dentro da tropa ningún me namorou,
Só a meu pai, eu lle fun leal soldadeira
E na contenda unha bala o alcanzou.

E cando escoito cantar esta tonada
Sinto de súpeto as lágrimas brotar,
Pero non choro, pois son son a chamuscada
Que por valente, cheguei a xeneral.

Eu vin meu pai morrer entre os meus brazos
E vin tamén o traidor que o matou,
Ao misarábeldinlle catro balazos
Coma unha criba deixeille o corazón.

Desde aquel día xa non fun soldadeira,
Tiven repleta acanana eo fusil,
E nas batallas fun sempre a primeira,
A balanceirafacíame sorrir.

E cando escoito cantar esta tonada
Sinto de súpeto as lágrimas brotar,
Pero non choro, pois son son a chamuscada
Que por valente cheguei a xeneral.


Writer/s: María Xosé Silvar; Xose Lois Rivas Cruz