Canción pequena


Cando te pos a escarvar na memoria
vas escollendo do pasado aquelas cousas
que te apuntalan, que te afirman, que te ancoran
que te protexen dalgunhas sombras

Eu tan escravo coma o beizo da boca
eu tan atado coma un neno á súa pelota
tan desarmado coma un rei sen a súa coroa
coma unha barca sobre as ondas

Sen ti faltaríame o alfabeto
sen ti consigo facerme tan pequeno
que se alguén fai así desaparezo
coma un globo de gas que vai ó ceo


Non sei moi ben se son o fío ou a cometa
non sei se son o corazón ou a cabeza
nunca saberei se son a alma ou a materia
se son o pau, se son a vela

Entre os dous inventamos o imperfecto
coa apariencia de facer sempre o correcto
que sabe ninguén o que nos pasa a nós por dentro
a quen lle importa se eu te quero

(1996)

Versión de Ana Belén
Idiomas

Esta canción aparece en la discografía de
LO + LEÍDO
1.
«Canción de luz», un homenaje colectivo a Ángel Quintero a través de once nuevas versiones de su repertorio
[24/11/2025]

Canción de luz. Homenaje a Ángel Quintero, producido por los Estudios Ojalá y licenciado por Bis Music, reúne once composiciones del repertorio del trovador fallecido en abril de 2024, interpretadas por destacadas voces de la música cubana como Silvio Rodríguez, Miriam Ramos, Frank Delgado o Eduardo Sosa.